A tradición mantén o concurso de vacún de raza rubia galega pese ó descenso de animais

 Gandeiros da comarca coas reses, onte no recinto da feira do Carballiño. (Foto: Martiño Pinal)
A tradición é o que manten ó concurso comarcal de gando vacún pura raza rubia galega, que cumplio 64 anos de celebración no Carballiño, pese o descenso progresivo de reses. Cea e Piñor acapararon os principales premios.
O concurso comarcal de gando vacún pura raza rubia galega, celebrado dentro da programación das Festas San Cibrao, reuniu no recinto da feira do Carballiño a un total de 55 exemplares procedentes de distintos concellos da comarca, dos que 41 eran vacas, dúas xuvencas e 12 becerras. A participación de reses foi similar á do ano pasado, según confirmou a concelleira de Medio Rural, María José Pérez, que se encargou da organización desta 64 edición.

As autoridades locais coinciden en sinalar o notable descenso de animais según transcurrren os anos, pero tamén consideran que se trata dunha actividade de moita tradición no Carballiño e que debe seguer mentras quede gando por pouco que sexa.

Os concellos da comaca, excepto Punxín en Beariz, asumiron a financiación do presuposto que ascendeu a 6.000 euros, maioritariamente o de Carballiño, que non contou co apoio da Consellería de Medio Rural que nos últimos anos aportaba 3.000 euros, e se reduciron a tan só dous trofeos. O motivo está en que o departamento autonómico xa non ten liñas de subvención para os concursos.

A organización ofreceulles unha comida ós gandeiros participantes, despois do acto de entrega de premios. Cea e Piñor acapararon os principales premios. Os tres primeiros postos de vacas reproductoras foron para Sinda Fernández, Arturo Fenández e Manuel Domínguez. En xuvencas, resultaron gañadores os animais de Carmen Fenández e María Blanca. Mentras que o primeiro e segundo premio de vacas con cría recaeu en Arturo Fernández e o terceiro correspondeu a María del Carmen Fernández. Por último, na clasificación de brecerras, o primeiro e terceiro posto foi para as reses de María Jesús Fernández, e o terceiro para María del Carmen Pérez. Colaboraron con esta nova edición do certame, ademais da Consellería de Medio Rural e os Concellos, a Subdelegación do Goberno, ACRUGA, Caixa Galicia, Caixanova e Caixa Rural de dúas casas comerciais.

Concerto de ‘La Guardia’

A villa chega hoxe á terceira xornada das Festas do San Cibrao coa celebración da feira do setembro e co concerto de ‘La Guardia’, ás 23,30 horas, na Praza do Emigrante. Entre outras actividades e espectáculos, está prevista a actuación da Banda municipal de Noia e a orquesta Gran Parada. Onte a Banda Escola municipal do Carballiño ofreceu dous concentros e pasarrúas.



Te puede interesar