Veciños do Porto detectan máis verquidos nas augas do regato

As augas do regato de Varille voltaron a baixar turbias na tarde de onte ó seu paso pola localidade de O Porto de Eguas, según comunicaron os veciños ó concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García. Unha situación que se repite tra-la contaminación detectada durante varios días da pasada semana neste afluente do río Avia, que cruza as parroquias carballiñesas de Partovia e Barón ata desembocar en Gomariz, no municipio de Leiro.
Un voceiro dos afectados, Francisco Muñoz, manifestou o seu malestar por estes verquidos, 'xa que levamos unha semana denunciando a situación ante as autoridades municipais e o Seprona da Garda Civil e por aquí non apareceu ninguén para preguntar qué pasa'. Este veciño de Porto de Eguas engade que 'non é normal que este tipo de cousas sucedan e haberá que abrir unha investigación, pero moito nos tememos de que se esté a encubrir a orixe dos verquidos'.


ARGUMENTOS

Neste sentido, veciños consultados de Varille, Montegrande e Partovia consultados apuntan que 'a terra que está a ensuciar o regato procede das obras de reforma do balneario das Caldas'. O movemento de grúas e camións de gran tonelaxe nesta zona termal son os argumentos que esgrimen estes cidadáns para concluir que 'a contaminación prodúcese aí e non noutro sitio, e se o Concello non toma medidas seguiremos co lixo diante das nosas casas'.

Te puede interesar