Veciños de Maside, contra a cesión do servizo de auga a mans privadas

Veciños de Maside constituiron unha plataforma de defensa da xestión dos servizos públicos instando ós responsables municipais a deter o proceso de concesión do abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros a unha empresa privada durante 25 anos. 'A cuantía que cobraría o Concello pola sinatura deste contrato, entre 450.000 e 550.000 euros, non é ningún regalo porque hipoteca a xestión do servizo que se vende a unha empresa privada con ánimo de lucro, e que vai a supoñer unha suba considerable nos recibos', sinalan.
A plataforma propón un mellor aproveitamento dos recursos do río Barbantiño e a posibilidade de asinar un convenio coa Deputación, a través do seu servizo de augas, 'porque non é o mesmo que os servizos sigan xestionados por un ente público que por un privado'.

Te puede interesar