Veciños de Piñor asisten a un curso de complementos e vestimenta

O Concello de Piñor pon en marcha un novo curso de 'Complementos e Vestimenta Creativa', impartido por A Gata Moscovita, unha artesá boirense con coleccións vinculadas á tradición galega e con exposicións da súa obra por varios lugares de Galicia. A poñente formará a tódolos asistentes en habilidades e técnicas para elaborar complementos de forma artesá.

CURSO PRÁCTICO

A idea é aprender este tipo de contidos de forma práctica, de tal maneira que será o propio alumnado o que realice as elaboracións de forma artesá, coa axuda da profesional que aportará, ademais de toda a súa sabedoría e experiencia, todo o material preciso para a elaboración dos traballos, que unha vez rematados pasarán a ser propiedade dos alumnos.

Te puede interesar