Os veciños de Piñor coñecerán os beneficios da risa na saúde

O Concello de Piñor mantén neste ano a súa campaña 'Piñor coa educación' , poñendo en marcha dúas actividades destinadas a mellorar a saúde e calidade de vida da poboación. Concretamente, no mes de marzo iniciarase un taller de Risoterapia e a terceira edición do Programa para Deixar de Fumar. As actividades de Risoterapia terán lugar os luns, mércores e xoves de 18.00h a 21.00 horas no Centro Social, dende o 1 ó 29 de marzo.
Trátanse de diversas sesións nas que se tratará de coñecer que é a risa, os seus diferentes tipos e significados, e descubrir que é unha actitude fronte á vida e principal antídoto contra a tensión, a dor e a enfermidade. Os asistentes ás clases tamén aprenderán que a risa é un privilexio do ser humano que prolonga e mellora a calidade de vida das persoas e que favorece a creatividade e a comunicación coas persoas que nos rodean.

En canto ó Programa para Deixar de Fumar, o Concello de Piñor aposta de novo por este servizo e por terceiro ano consecutivo. Consiste nun tratamento grupal para deixar o tabaco, totalmente gratuito e avalado pola experiencia de máis de 25 anos de aplicación na Universidade de Santiago de Compostela. Con este tipo de iniciativas, 'pretendemos promover a saúde integral, pois a parte psicolóxica é fundamental', suliña o alcalde, Francisco José Fraga.

Te puede interesar