MEDIO AMBIENTE

Vertedura de augas fecais na rúa Aquilino Sánchez

20161005184649829_result
photo_camera Aspecto que presenta a vertedura preto da rúa Aquilino Sánchez.

O concelleiro do Carballiño, Marco Reboredo, solicita ao goberno municipal o arranxo dunha vertedura de augas residuais na Rúa Aquilino Sánchez, que van directamente ao río Carras sen pasar por ningún tipo de sistema de depuración. Fai algo menos dun ano os propietarios de terreos afectados "puxéronse en contacto conmigo para denunciar esta situación e aconselleilles que o mellor era que falasen co alcalde. Case pasou un ano e foron falar ata en tres ocasións, e segue sen solución", apunta Reboredo. Engade que está afectando moi gravemente aos veciños desta rúa por causa dos malos olores, sobre todo en épocas como o verán pasado debido ao intenso calor. 
Os propietarios destes solares xa autorizaran no seu día a ocupación cun colector para favorecer os servizos de alcantarillado e depuración no río Carrás, e tamén recorda o edil que o mantemento da depuradora corre por conta da empresa concesionaria do servizo. Por todo elo, Marco Reboredo pide unha solución ao alcalde e a Concellería de Medio Ambiente. n

Te puede interesar