O vial OU-154 no Reino mellorará en seguridade

Las obras detienen la circulación en la avenida de Portugal durante 5 días. LR
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 265.614 euros as obras que culminarán a humanización da travesía da estrada autonómica OU-154 no Reino, no concello de Piñor

Esta nova intervención para a mellora da seguridade viaria foi adxudicada á empresa Obras, Pavimentos e Instalaciones Industriales, S.L. Opain. O obxectivo é poder iniciar os traballos na segunda quincena de abril, cun prazo de execución de 3 meses.

A intervención consiste na mellora de dous treitos que suman 500 metros de lonxitude co soterramento das redes aéreas de electricidade, iluminación pública e telecomunicacións.

Realizarase unha rehabilitación superficial completa do firme da calzada e tamén se disporá unha nova rede de alumeado público con luminarias de tecnoloxía led, destacando así mesmo un tramo de elevación da beirarrúa sobre a plataforma da calzada. A obra completarase coa adaptación do sistema de drenaxe existente e a sinalización.

Te puede interesar