Vinte bares servirán o xantar no Parque na festa dos maiores

Os asistentes á 'Xuntanza dos Maiores' que hoxe se celebra no Carballiño terán a súa disposición un total de 20 bares ambulantes para poder xantar no Parque municipal da vila. Ademais, máis de 20 pulpeiras tamén se instalarán no seu recinto habitual para servir ós xubilados, que se desplazarán dende as catro provincias galegas e as comunidades de Asturias e Castela-León.
No casco urbán da vila, os mesóns e restaurantes ofertarán menús a precios módicos, con empanada, carne ó caldeiro, churrasco, polo asado e pescado, entre outras variedades culinarias.

A organización preparou un dispositivo de emerxencias integrado por 110 efectivos de Protección Civil, Cruz Vermella, Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Local, ademais de equipos sanitarios de urxencias e vehículos de apoio. Dende as 10,00 horas está prevista a chegada dos autocares que trasladarán ós afiliados ós fogares do pensionista e centros sociocomunitarios, que serán desviados ó estacionamento ubicado na avenida do Arenteiro e a finca de As Barcias.

Dende a Xunta xa se confirmou a presencia do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, e da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que presidirá ás 13,30 horas o acto de entrega dos tradicionais pratos de pulpo conmemorativos ás entidades participantes. Por segundo ano consecutivo, non haberá xantar oficial no Parque, aínda que se habilitou de novo un recinto pechado para atender ás forzas de seguridade, sanitarios e voluntarios.

Te puede interesar