A “Xuntanza de Maiores' reunirá a xubilados de tres comunidades

O Parque municipal do Carballiño acollerá hoxe a 'Xuntanza do Maiores', unha celebración que organiza dende hai 33 anos a Xunta, este ano ó traverso da Consellería de Traballo e Benestar. Dende primeiras horas da mañá irán chegando á vila do Arenteiro uns 300 autocares procedentes de centros sociais e fogares de pensionistas das catro provincias galegas, Asturias e Castela-León, que se concentrarán na paraxe natural.
Máis de 50 bares ambulantes e postos de 'pulpeiras' garantizarán o xantar dos participantes nesta xornada lúdica, na que non faltará a animación musical na pista central do Parque. Tra-la recepción de autoridades, pasado o mediodía, levarase a cabo a tradicional entrega dos pratos de pulpo conmemorativos do evento a aquelas agrupacións de maiores designadas pola organización
A seguridade dos asistentes, que según as previsións poden chegar ó número de 30.000, estará cuberta durante toda a xornada por un dispositivo integrado por perto de 150 persoas, con axentes da Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Local; voluntarios de Protección Civil e Cruz Vermella; médicos e auxiliares do Sergas e do Servicio de Urxencias.

Mentres, no casco urbán do Carballiño tamén permanecerán abertos os establecementos de hostelería adicados ó ramo da restauración, e instalaranse 25 postos de pulpo en rúas e prazas da vila. Os mesóns ofertarán para a data de hoxe menús a prezos especiais a fin de dar resposta ás necesidades dos visitantes. Axentes da Xefatura Provincial de Tráfico regularán a circulación vial, sobre todo a entrada dende a estrada N-541 (Ourense-Pontevedra) ó Parque, onde haberá que acceder dende a ponte de Godás.

Te puede interesar