Gastronomía

A XXVII Festa do Pan de Cea prevé vender máis de 3.000 pezas

Carlos Rodríguez, Manuel Baltar e José Luis Valladares
photo_camera Carlos Rodríguez, Manuel Baltar e José Luis Valladares.

Ao longo de toda a fin de semana desenvolveranse diferentes actividades, como pasarrúas, degustación de produtos galegos e a V Ruta dos Fornos

Esta mañá presentaron no Marcos Valcárcel a XXVII Festa do Pan de Cea o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, e o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida "Pan de Cea", Carlos Rodríguez. A festa celébrase o vindeiro domingo 1 de xullo en Cea, na que se prevén vender 3.500 pezas deste produto.

Baltar agradeceu ao concello de Cea o "traballo que desenvolven tantas persoas para facer realidade cada a ano a exaltación do Pan de Cea, un traballo que vén de séculos e que personifica nos panadeiros ese labor que eleva este produto ao mellor da nosa gastronomía". 

O sábado día 30 de xuño terá lugar a V Ruta dos Fornos, un percorrido por diferentes fornos de Cea (Lodairo, Parapeta, Santo, Abade e Cebola) para degustar produtos típicos galegos, que se pode adquirir por un prezo de dez euros.

Ao longo do domingo haberá diferentes actividades:

- Pasarrúas a cargo de charangas a partir das 10,00 horas

- Pregón a mans do cociñeiro Adrián Díaz García, ás 11,00 horas, no campo da Saleta

- Degustación de produtos galegos con distintivo de calidade

- Xantar tradicional, coa participación dunhas 500 persoas

- Artesanía ao longo de toda a xornada

Te puede interesar