Provincia

Abre o “Tempo de Nadal” para nenos de 3 a 15 anos

César Fernández (á esquerda) cos representantes de Bolboretas e Estudio Arte.
photo_camera César Fernández (á esquerda) cos representantes de Bolboretas e Estudio Arte.

Os nenos entre 3 e 15 anos poderán disfrutar en Ribadavia da escola "Tempo de Nadal", unha actividade de conciliación que pon en marcha o Concello en colaboración co centro de ensinanza Bolboretas e Estudio Arte. Contará con 40 prazas e desenvolverase desde o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro, en horario de 9,30 a 13,30 horas no antigo colexio da Alameda. 

A matrícula na escola "Tempo de Nadal" ten un prezo de 25 euros para empadroados no Concello de Ribadavia e 50 euros para non empadroados, e as solicitudes recolleranse e presentaranse en Bolboretas ou en Estudio Arte. 

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que "un ano máis, apostamos por poñer en marcha unha escola de Nadal que permita ás familias de Ribadavia conciliar a vida laboral e familiar ao longo deste período non lectivo". O rexedor destacou "a aposta pola conciliación, por iso implementamos un plan integral con actividades en todos os períodos non lectivos do ano, e creamos servizos coma o de madrugadores", engadiu.

Te puede interesar