IGUALDAD DE GÉNERO

Acto sobre a igualdade para escolares ribadavienses

Trátase dunha acción artística contemporánea para reivindicar o día Contra a Violencia de Xénero

O Concello de Ribadavia, con motivo da conmemoración do día Contra a Violencia de Xénero, levará a cabo un acto o próximo día 25, ás 12,00 horas no Instituto de Ribadavia.

"#Nonmaissabastinguidas" é o hashtag que se emprega nas redes sociais e co que se fai participe á cidadanía. Trátase dunha acción artística contemporánea para reivindicar a igualdade de xénero. O proxecto participativo naceu fai un mes nas redes sociais e culminará coa performance da artista Mónica Mura, no espacio público o 25 de novembro, contando co apoio e a colaboración de máis de 450 escolares. 

Te puede interesar