O aforro do 50% no alumeado de Castrelo irá a servizos sociais

O Concello de Castrelo de Miño leva realizando nos últimos anos un importante esforzo para facer chegar o alumeado de Nadal a tódolos pobos do municipio. Esta foi unha medida ben acollida polos veciños e polo sector comercial e empresarial, según o alcalde, Xurxo Rodríguez, ó non discriminar ningún núcleo de poboación.
Nembargantes, neste ano 2011, o rexedor suliña que é preciso realizar unha contención deste gasto, tendo en conta que o Concello vai priorizar o investimento en servizos sociais debido á reducción das subvencións da Xunta nesta área. Pero ante as solicitudes veciñais, o grupo de goberno municipal decidiu manter o alumeado co mesmo número de arcos en tódalas parroquias.

Para conquerir este dobre obxectivo, de manter iluminación e recortar un 50% os gastos, o Concello poñerá na práctica aplicáronse tres medidas distintas. A primeira é que todo o alumeado que se colocará usará bombillas de baixo consumo, e ademais seleccionáronse deseños de luminarias e arcos decorativos máis económicos, negociándose coas empresas suministradores.empresas suministradoras. Finalmente, o alumeado acenderase esta fin de semana, de xeito que permanecerá en funcionamento 15 días menos có ano pasado.

Te puede interesar