Os alumnos de inglés piden un curso avanzado para a Escola

Os alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Ribadavia desenvolven unha campaña de recollida de firmas para demandar a implantación do nivel avanzado de inglés para o viendeiro curso, despois de que a Consellería de Educación decidise non ampliar o ensino de idiomas nesta comarca do Ribeiro. Actualmente ofértanse os niveis inicial e intermedio de inglés, con dous cursos cada un, e agora está a piques de rematar a súa formación o alumnado de segundo de nivel intermedio. Por eso, se o curso vindeiro desexan continuar a súa formación no nivel avanzado deberán desprazarse a Ourense.

O BNG de Ribadavia apoia a reclamación do alumnado e recorda que por iniciativa súa xa se aprobou por unanimidade unha moción para pedir o nivel avanzado, tendo en conta que a escola ten unha importante demanda, cun cento de alumnos matriculados este curso.

Te puede interesar