Arnoia

Arnoia aforra 30.000 euros ó ano co cambio de luminarias

uploaded_arnoia_result
photo_camera Bernado Tahoces y José Fariñas.

 A Consellería de Economía e Industria impulsou no Concello de Arnoia nos últimos anos distintas actuacións no contexto da liña de axudas para a renovación da iluminación pública exterior.  A través deste programa, o municipio obten un aforro enerxético anual de máis de 191.000 kWh/ano, o que se traduce nunha disminución do custo da factura eléctrica de 30.000 euros.
“Contribuímos ao aforro enerxético da Arnoia nunha das súas partidas máis destacables, tendo en conta que a iluminación pública supón, de media, case o 70% do consumo eléctrico dun municipio”, sinalou Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas, que visitou onte, acompañado polo alcalde do municipio, José Camilo Fariñas Viso, as actuacións levadas a cabo no último ano na área recreativa da Queixeira, onde se substituíron un total de 77 puntos de luz por outros máis eficientes.  

Noventa actuaciones
A mellora destas luminarias, subliñou Tahoces, súmase ás actuacións desenvolvidas neste Concello nos anos 2011 e 2013, cun investimento total mobilizado de máis de 165.000 euros. A Xunta leva destinados á provincia de Ourense 5,5 millóns de euros nos últimos seis anos a través deste programa que permitiu casi 90 actuacións nos municipios.

Te puede interesar