o ribeiro

Arnoia mantén ocupados aos maiores con actividades

Talleres de memoria, manualidades ou de ximnasia son algunas das actividades

Co obxetivo de que os maiores pasen o menor tempo posible sós, o Concello de Arnoia desenvolve ao longo deste mes un amplo programa de actividades, entre outras, talleres de memoria, de manualidades, ximnasia para idades avanzadas e xornadas de coloquios e cine, ademais de dispor dun sevizo de podoloxía e un espazo aberto de biblioteca para lectura con opción de préstamo.

O centro de envellecemento activo e saudable, que leva funcionando dende finais do ano pasado e que foi financiado con unha importante axuda de AGADER a través do GDR Carballiño-Ribeiro, é o marco onde se desenvolven a maior parte destas actividades, e tamén no pabillón municipal de deportes e a Casa da Raiña.

O alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, sinala que o que se pretende é que os maiores "rompan o seu illamento participando en estas actividades e compartindo experiencias", para mellorar a calidade de vida.

Te puede interesar