O arranxo dun muro permitirá o paso de camións en Castrelo

Xurxo Rodríguez Méndez. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Esta semana iniciaronse en Castrelo de Miño as obras de arranxo dun muro de contención e do acceso de Souto Ponte Castrelo, ademáis da mellora e conservación da carretera da Carixa, que se recollen dentro do plan Estratéxico de Infraestruturas no medio rural (PEIM) para o exercizo 2012.
A obra da Carixa, que consistía nun asfaltado da entrada principal ao pobo, xa está realizada, e este pasado luns empezouse o arranxo do muro e camiño de Souto Ponte

Castrelo, que é o principal acceso á localidade e une tamén Parada con Pousadoiro e Santo Estevo.

No pasado ano, o muro de contención do camiño veuse abaixo, e con el unha parte importante do acceso, impedindo o paso a camións e autobuses, polo que nin podía pasar o camión da recollida do lixo, entre outros vehículos, o que ocasionou importantes perxuicios ós veciños de todo este entorno.

Con este proxecto contrúese un novo muro de contención de 50 metros lineais, e cunha altura media de 2,5 metros, que sostén o vial, ó mesmo tempo que se reporá o pavimento. 'Estas obras van permitir abrir de novo á circulación para vehículos de todos os tamaños', segundo indicou o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez.

O custe total é de 35.000 euros. Dos cales 5.000 euros é o custe do arranxo da calzada do acceso da Carixa, e 30.000 euros é o custe do muro e arranxo do vial de Souto Ponte Castrelo. O rexidor mostrouse satisfeito de arranxar ambos accesos.

Te puede interesar