Festival

Arteficial, o festival solidario

Ribadavia Arteficial
photo_camera Unha das rúas do casco histórico, con gran afluencia de visitantes.
Na 13ª edición do festival actuaron 10 grupos musicais do panorama alternativo cun oco para a solidaridade dos asistentes.

O casco histórico da capital do Ribeiro converteuse ó longo de toda a xornada de onte nun gran auditorio para acoller a celebración do Festival Arteficial, que este ano acadou a súa 13ª edición.

Dende primeiras horas da mañá, nas rúas e prazas de Ribadavia estiveron ateigadas de visitantes, que aproveitaron o caluroso e solleiro día para achegarse ata esta oferta musical que xa é un referente en toda Galicia.

Xa ó mediodía, o movemento de persoas estaba dirixido a cada un dos escenarios instalados polos organizadores da Asociación Arteficial no interior da igrexa da Madalena e na praza exterior; na praza Buxán e na praza da igrexa da Oliveira.

Nestes enclaves tiveron lugar os concertos en directo das bandas galegas Chicarrón, Lois, Dreyma, Meneo e á de Isaac Pedrouzo; ademais dos barceloneses Za! e os conxuntos madrileños Ambre e Trajano, así como da bandas internacional La Rueda. Pero iste evento non é todo música, xa que tamén deixa espazos para que o público asistente poida amosar a súa solidaridade.

Deste xeito, tendo en conta que o festival é gratuíto, un posto da Cruz Vermella do Ribeiro recollía donacións de alimentos non perecedeiros para as familias con problemas económicos da comarca.

Tamén estivo aberto o nomeado "Mercado das sementes" para mercar artesanía ou intercambiar artigos de cómic e artes plásticas. Todo elo nunha romaría alternativa que se prolongou ata a madrugada de hoxe.

Te puede interesar