ENTREVISTA

Avelino Pazos: “Faremos unha auditoría, que pedimos xa fai un ano"

CASTRELO DE MIÑO (CASA DO CONCELLO). 11/08/2020. OURENSE. Manifestación vecinal en las puertas del concello de Castrelo de Miño donde se celebra un pleno con moción de censura contra el hasta ahora alcalde, Esteban Suárez (BNG) y nombrar a Avelino Pazos (PP) como el nuevo alcalde. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera El alcalde de Castrelo, Avelino Pazos (FOTO: ÓSCAR PINAL).

Cal é a primeira medida que vai  tomar?

Facer unha auditoría das contas do Concello para ver realmente como está a situación económica. Fai un ano que estaba solicitada e aprobada en pleno polo Partido Popular e o PSOE, sen embargo aínda non sabemos nada.

Que vai realizar en materia económica e social no concello?

Social é mirar polos veciños, polas carencias que hai, estar atentos polos máis débiles sobre todo en vista á posibilidade dunha segunda ola da pandemia e potenciar os servizos sociais ó máximo. No económico, cando vexamos as contas do Concello o primeiro que haberá que facer será pagar débedas, despois crear sinerxias coas administracións públicas para poder consolidar emprego e asentar así poboación na localidade.

E en materia de conciliación familiar?

Aínda temos que sentarnos a plantexar un proxecto axeitado, queremos que se faga o servizo de madrugadores pero dun modo que sexa sostible, non empregando a unha concelleira que pode estar ou non estar. Trataremos de conseguir as axudas da Xunta.

Te puede interesar