Un convenio entre os propietarios e Turismo inclúe a promoción da investigación termal

Os balnearios tentarán captar clientes nos países europeos

López de Ávila, atento a la firma del convenio por parte de Carmen Pardo y Rafael Luaña. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O Hotel Balneario de Laias, ubicado en Cenlle, acolleu onte a sinatura dun convenio de colaboración para a difusión do termalismo en Europa e a promoción da investigación universitaria, entre a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e o presidente da Asociación Galega da Propiedade Balnearia (Balnegal), Rafael Luaña.
Iste acordo, que supón un investimento global de 94.000 euros en dous anos, deles un 84% aportado pola Xunta, tamén contempla o coñecemento da hidroterapia termal como remedio médico-terapéutico. No acto estivo presente tamén o presidente de Segittur (Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas), Antonio López de Ávila.

Carmen Pardo apuntou que existe en Galicia unha 'concentración espectacular de recursos termais, porque temos máis de 300 mananciais, un por cada mil habitantes'. Tamén explicou que Galicia conta cunha infraestructura neste eido moderna e diversificada, con 21 establecementos balnearios (18 integrados en Balnegal) que ofertan 2.862 prazas, o 20% do total do Estado.


PROMOCIÓN

Pola súa banda, Rafael Luaña indicou que 'dar a coñecer a nosa oferta balnearia no resto dos países de Europa era unha asignatura pendente, e iste convenio vaino permitir'. Concretamente, a promoción centrarase en clientes potenciais na franxa de idade superior ós 50 anos, apuntou o presidente de Balnegal.

Iste convenio bianual tamén dará continuidade ó financiamento da cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago,un dos contidos que se imparten na Facultade de Mediciña.

Te puede interesar