A Biblioteca de Ribadavia xa acada preto dos 1.600 asociados

A Biblioteca Municipal de Ribadavia está a ser un activo elemento de dinamización cultural, asegura o concelleiro de Cultura, Anxo Collarte. O edil nacionalista destaca que os pasos dados para renovar os fondos bibliográficos, diversificar a oferta no ámbito do audiovisual, o cómic ou o libro infantil e o labor que se desenvolveu nestes últimos anos para ampliar os espazos e dotalos de novo mobiliario e equipamento informático, está a facer máis atractiva esta sección cultural.
Neste sentido, levouse a cabo o ano pasado o rexistro e catalogación de 500 libros, dos cales 131 son material audiovisual e 21 documentos electrónicos, 'ademais de incrementarse a colección de cómics e libros en inglés cunha grande aceptación por parte dos usuarios', subliña Anxo Collarte.

Por outra banda, dende hai un ano déronse de alta 71 socios, chegando na actualidade o número total ós 1.573, mentres o montante global de préstamos domiciliarios foi de 2.778, fronte ós 1.478 contabilizados no exercicio de 2009.

Te puede interesar