O BNG condiciona o seu apoio o parque ambiental se non hai lodos ou incineración

LR- Os nacionalistas fan un chamamento a ’racionalidade e o consenso’ para establecer as condicións de implantación de empresas no parque ambiental de Carballeda de Avia. O BNG presenta hoxe na Deputación as catro condicións que esixirán á Administración  autonómica para apoiar o proxecto. Reclaman que o parque sexa de reciclaxe pero que non cause ningún perxuicio, que non utilice a incineración, o tratamento de lodos nin de sustancias perigosas, e que se contemple no plan de residuos de Galicia.

O BNG presenta hoxe na Deputación de Ourense a súa proposta relativa a instalación do parque dedicado a empresas de reciclaxe en Carballeda de Avia. A vicepresidenta do Parlamento, Tereixa Paz, o portavoz provincial, Manuel Pérez Bouza, xunto cos repesentantes de Ribadavia, Anxo Collarte, Xavier Carreira e Xosefa Álvarez, espuxeron os catro requisitos que, según apuntaron, esixirán á Xunta de Galicia para apoiar a ubicación do parque en Carballeda de Avia, ’se non se cumplen, non o apoiaremos’, sentenciaron.

 Neste senso, señalaron que ’pedimos que o parque sexa un centro de reciclaxe que xenere crecemento económico, pero sin supor un perxuicio para outras actividades económicas coma a viticultura’, e añadieron que ’en ningún caso se utilizará a incineración, nin se reciclarán sustancias perigosas que afecten ó subsolo ou a outros recursos naturais’. A terceira esixencia dos nacionalista refírese a ’que en ningún caso se producirá un tratamento dos lodos das depuradoras’ e, finalmente, que ’o parque esté incluído dentro do plan de residuos de Galicia’.

 Son as catro condicións que trasladarán á Deputación e que ’se presentará na Consellería de Vivenda, que de non cumprirse, deberá reconsiderar o seu apoio a este proxecto’, matizaron, xa que este departamento autonómico ten prevista unha inversión  de 3,7 millóns de euros. ’Queremos introducir a racionalidade neste asunto que está enfrentando a poboación do Ribeiro’, argumentaron. Asemade, insistiron en reivindicar un acordo sobor das condicións de implantación das empresas, que só se  acadará coa tranparencia e o diálogo, según o BNG.

 ’Aínda non está feito o plan sectorial e por iso falta a racionalidade, porque aínda non están establecidas as condicións para a instalación de empresas’, apuntaron. 

Te puede interesar