O Ribeiro

O BNG defende que as contas están claras en Castrelo de Miño

O Ribeiro

O RIBEIRO

O BNG defende que as contas están claras en Castrelo de Miño

O equipo do alcalde nacionalista Esteban Suárez asegura que "as contas do Concello están claras, e o BNG non vai caer en provocacións que só buscan entorpecer o labor do goberno municipal"

O grupo do BNG, que goberna en Castrelo de Miño, considera que "a petición de informes económicos realizados pola concelleira do PSOE demostran a súa ausencia no día a día da vida municipal nos últimos catro anos, xa que demanda documentación que, tanto o grupo  de goberno como o servizo de Intervención municipais, puxeron á súa disposición nestes catro anos, o que semella que nin se dignou a consultala".

Polo tanto, o equipo do alcalde nacionalista Esteban Suárez asegura que "as contas do Concello están claras, e o BNG non vai caer en provocacións que só buscan entorpecer o labor do goberno municipal". Engaden que van "adicar todo o seu tempo e esforzo en continuar xestionando o Concello e á mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas". O BNG  mantén que seguirá coa man tendida para lograr un goberno maioritario, forte, que achegue estabilidade e boa xestion a Castrelo de Miño. 

Más en O Ribeiro