O Ribeiro

O BNG insta ao goberno local de Ribadavia a potenciar o comercio online

O Ribeiro

Concello

O BNG insta ao goberno local de Ribadavia a potenciar o comercio online

O grupo municipal do BNG de Ribadavia trasladou unha proposta para engadir á modificación orzamentaria que acaba de facer o goberno local e pide que se habilite unha partida económica para subvencionar aos Establecementos Asociados de Ribadavia co fin de facilitar a súa adaptación aos cambios obrigados pola pandemia: comercio online, medidas de protección e hixiene, así como a posta en marcha de novos produtos e un reforzo da campaña de Nadal. 

Para elo, este grupo da oposición propón un incremento da partida prevista para o fomento do comercio en 15.000 euros, e poder adicalo a accións promocionais e unha plataforma   electrónica común.