O BNG oponse á central de bombeo en Castrelo

Miembros del BNG, durante la rueda de prensa.
photo_camera Miembros del BNG, durante la rueda de prensa.
O Bloque Nacionalista Galego levará ao pleno da Deputación a súa oposición á central hidroeléctrica reversible en Castrelo de Miño

Bernardo Varela, portavoz do grupo provincial do BNG, explicou que a formación nacionalista demandará á institución provincial que garanta a paralización do proxecto na fase potestativa. “Tamén demandamos dos gobernos dos concellos afectados que fagan públicas as comunicacións enviadas ao Miteco”, aseverou Varela, “para tranquilidade da veciñanza, que se opón firmemente á megabalsa no Coto Novelle”.

A central de bombeo en Castrelo, planificada polo grupo andaluz Cuerva, pretende almacenar auga nunha balsa situada nunha cota superior ao encoro actual. Esta balsa ocuparía unha superficie de 22 hectáreas. Cando fose preciso xerar electricidade, a auga sería liberada por un conduto subterráneo para producir enerxía nunha central en caverna. O custo do proxecto supera os 235 millóns de euros.

Varela cargou contra o carácter “especulativo” dun proxecto cuxos beneficios, dixo, irán parar fóra do territorio. Por este motivo, avogou por apostar por un novo modelo enerxético galego, matizando que non están en contra das renovables “per se”. 

O portavoz foi arroupado por representantes do BNG dos concellos de Castrelo de Miño -Francisco Alonso- e Cartelle -Concha Alonso-.

Te puede interesar