Día Internacional das Mulleres

O BNG organiza o I Roteiro Feminista do Ribeiro

8M
photo_camera 8M
Unha iniciativa que reivindica o papel da muller no rural; de forma especial, das mulleres do sector vitivinícola

O grupo de acción feminista do BNG na comarca do Ribeiro organiza para o vindeiro domingo, 10 de marzo, ás 10,30 horas, o primeiro roteiro con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres (8 de marzo).

O I Roteiro Feminista  do Ribeiro terá lugar coa firme intención de revindicar o papel da muller galega no rural e, en concreto, de todas aquelas mulleres que sempre se adicaron ao sector vitivinícola na comarca, segundo sinalan as organizadoras.

Trátase dun roteiro de 6 kilómetros, de baixa dificultade, que partirá da área recreativa do Salgueiral do río Avia, no Concello de Leiro, onde se concentrarán os participantes que comezarán a andaina cara a Barzamedelle ata chegar aos viñedos Ibedo, rematando de novo no Salgueiral, onde compartirán unhos petiscos, tras completar o percorrido.

Para poder participar será necesario inscribirse, de maneira totalmente gratuita, na seguinte ligazón: https://forms.gle/XT3PLceMmMSuu8q3A.

O grupo de acción feminista do BNG tamén informa de que se non son favorables as condicións metereolóxicas trasladarase a actividade ao seguinte domingo, 17 de marzo.

Este roteiro ponse en marcha co obxectivo de darlle continuidade en anos sucesivos e as organizadoras convidan ao público en xeral a participar nesta experiencia reivindicativa pero tamén de lecer.

Te puede interesar