O BNG reclama fondos para garantir a auga en Ribadavia

casco vello ribadavia
photo_camera casco vello ribadavia

O grupo municipal do BNG en Ribadavia refírese ao anuncio de que Deputación e Xunta financiarán xunto co Concello de Ribadavia o abastecemento de auga á Groba, As Chavolas, O Seixo e Sanín, sinalando que “prodúcennos satisfación con cautela”.

Engade este grupo da oposición que “van moitos anos con este asunto pendente e estamos na época dos anuncios e as promesas. En todo caso, prestaremos atención aos proxectos, para que inclúan unha solución á falta de saneamento de augas residuais destas poboacións”.

Lembra que no 2015 xa se elaborara un proxecto para a execución desta obra ao que presentara as correspondentes alegacións e refírese tamén a que é urxente que as tres administracións aporten “os fondos para asegurar durante todo o ano un abastecemento que sexa suficiente para o servizo de augas de Ribadavia”.

Te puede interesar