O BNG reclama mellores servizos para a comarca do Ribeiro

Noa Presas -segunda pola dereita- con concelleiros e militantes do BNG na comarca do Ribeiro
photo_camera Noa Presas -segunda pola dereita- con concelleiros e militantes do BNG na comarca do Ribeiro
O BNG emenda os orzamentos da Xunta do ano 2024 e presenta unha batería de iniciativas para blindar os servizos públicos da comarca do Ribeiro, corrixir o abandono e favorecer o impulso económico

Así, esta formación considera que o goberno auntonómico “nin sequera corrixe débedas pendentes e prometidas polo Partido Popular como poñer solución aos problemas do arsénico en Castrelo de Miño ou impulsar en Ribadavia unha planta potabilizadora no río Miño para o abastecemento e subministro da poboación, xa que a actual non da abasto”, segundo apuntou a deputada Noa Presas. Ademais, aposta por recuperar o Camiño Miñoto Ribeiro, como motor e referente económico, social e cultural da comarca, que tamén precisa impulsar un viveiro de adegas tendo en conta o seu potencial estratéxico.

Presas referiuse “a mellora do paseo fluvial de Leiro ou abordar os problemas de saneamento de Cenlle” e a unha das carencias como é “a falta de compromiso cos servizos para os maiores”.

Te puede interesar