O BNG reclama un valado de protección na OU-307 de Berán

Os nacionalistas afirman que hai unha caída de catro metros de altura e o alcalde asegura que se instalará

O BNG de Leiro critica o estado en que está a estrada OU-307 (Leiro–Caldelas) ao seu paso por Berán. Esta vía, de titularidade provincial, no núcleo de Berán "ten máis de 200 metros sen valado de protección nunha área que ten una caída de máis de catro metros de altura", segundo indica.

Engaden os nacionalistas que "esta irregularidade supón un perigo, tanto para os vehículos que circulan pola mesma como para os habitantes da zona, que se atopan na porta das súas casas con un precipicio dunha altura considerable".

Desde o BNG non entenden por que cando se arranxou o muro nesa zona non se volveu colocar o valado antigo ou se colocou un novo. "Esta situación tense prolongado no tempo durante varios anos e entendemos que é o momento de poñerlle fin", sinalan.

O alcalde, Francisco José Fernández, afirma que é unha estrada da Deputación que ten pendiente a adxudicación deste valado de protección. "A Deputación vaino instalar", asegura o rexedor.

Te puede interesar