O BNG ribadaviense propón incorporar máis espazos públicos ó plan urbanístico

O grupo municipal do BNG de Ribadavia formulou unha serie de alegacións ó borrador do Plan Xeral de Ordenación (PXOM), aprobado inicialmente pol a Corporación na sesión plenaria do pasado 30 de outubro. As propostas máis destacadas dos nacionalistas son a supresión das áreas de reparto próximas ó río Avia e a súa adecuación como espazo público; a redacción dun Plan de Reforma Integal (Pepri) para a localidade de Francelos, a reserva de solo para unha nova residencia da terceira idade e un centro de día, entre outras.
Os integrantes do grupo municipal do BNG do Concello de Ribadavia votaron favorablemente o PXOM, ‘pero xa nese momento citamos unha serie de cuestións mellorables no documento’, lembra Emilio Cuíñas, concelleiro de Promoción Económica. Neste sentido, durante o tempo de exposición pública da normativa urbanística, ‘fixemos unha lectura detallada e recollemos opinións de colectivos e veciños do municipio’, engade o edil nacionalista.

Equipamentos

Así, os nacionalistas solicitan a supresión das catro áreas de reparto -pendentes de urbanizaciónen Os Ferreiros, ‘porque aparte de estar á beira do río Avia e ser facilmente inundable, esta paraxe ten unha clara vocación de espazo publico para o disfrute dos veciños’. A reserva de solo para equipamentos deportivos en O Xestal tamén ‘é insuficiente’ para o BNG. Consideran que este espazo debe acoller a futura ‘cidade deportiva’ de Ribadavia, cunha piscina cuberta climatizada, un novo pavillón polideportivo, viales e unha zona de estacionamento.


Te puede interesar