O Ribeiro

Os Bolechas visitaron Leiro

O Ribeiro

Os Bolechas visitaron Leiro

Escolares do CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro recibiron onte a visita de Carlos Bolechas, que lles ensinou a facer un uso responsable do número único europeo 112. A función no colexio de Leiro puxo o punto e final a esta acción, integrada nun amplo programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias. A través de representacións teatrais, material audiovisual e obradoiros, Os Bolechas explican cando se debe chamar ao 112 e os datos que hai que facilitar aos xestores de emerxencias.