Bonos de desconto e mercadillo no Nadal de Ribadavia

A alcaldesa, Noelia Rodríguez, con ediles e comerciantes.
photo_camera A alcaldesa, Noelia Rodríguez, con ediles e comerciantes.
O obxectivo é fomentar as compras no comercio local

O Concello de Ribadavia, co obxectivo de dinamizar o comercio local en Nadal, pon en marcha un bono comercio de 10 euros de desconto por cada 30 euros de compra nos establecementos locais. É a resposta a unha petición realizada desde Establecementos Asociados do Ribeiro, EAR, e posible gracias á modificación orzamentaria realizada no pleno de novembro.

O Concello quere con esta medida fomentar as compras no comercio local nunha campaña moi importante para o sector e por iso “pediremos aos demais concellos do Ribeiro que se sumen a esta campaña para que se poidan beneficiar veciños de outros municipios da comarca”.

“Nas vilas e municipios como o noso, o sector do comercio é un motor socioeconómico clave. Ademais, supón darlle vida a Ribadavia en todos os sentidos”, sinalan os responsables municipais. Así, fan un chamamento a todos os veciños de Ribadavia e do Ribeiro para que realicen nestas datas todas as compras posibles no comercio local e comarcal. Por outra banda, Ribadavia tamén contará cun Mercadillo de Nadal os días 18 e 19 de decembro, organizado por EAR en colaboración co Concello que financia as actividades que se desenvolvan de animación.

Así mesmo, a asociación de comerciantes sortea premios por valor de 1.500 euros ata o próximo 6 de xaneiro.

Te puede interesar