As botellas de viño do Ribeiro levarán un lema promocional específico da comarca

Os productos e territorios da comarcas do Ribeiro, Ulloa e Eume, serán promocionados nos mercados de fóra de Galicia, cunha campaña deseñada pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza, dependente da Consellaría do Medio Rural, no marco do Proxecto Cantata.
Para a comarca do Ribeiro deseñouse unha etiqueta para as botellas de viño das 21 adegas da Denominación de Orixe que se adheriron ó proxecto, e nas que se convida o consumidor a coñecer a zona na que se elabora ese producto. Estableceuse tamén unha colaboración para rotular o autobús que une a cidade de Vigo co aeroporto do Porto (Portugal) co lema ’Descubre O Ribeiro’. Ós viaxeiros entregaráselles un porta billetes, cun mapa desta comarca vitivinícola, e mais unha completa guía do Ribeiro.

Te puede interesar