Un campamento náutico acolle a dez rapaces en Castrelo de Miño

Un total de dez rapaces de entre 7 e 12 anos de idade participarán, nesta fin de semana, no 'Campamento náutico' organizado polo Concello de Castrelo de Miño co patrocinio do Instituto Postal. Os rapaces, os que só se lles pide saber nadar, disfrutarán das instalacións do albergue municipal e do Club Náutico de Galicia durante as vindeiras dúas xornadas.
Entre as actividades programadas na auga están as de vela en barco, windsurf, kayak de recreo e hidropedal, mentres tamén se contemplan actividades ó aire libre, rutas de sendeirismo, xogos populares e globoflexia, entre outras.

Iste programa completa o desenvolto desde as instancias municipais durante toda a época estival, como os xogos nas piscinas e os campamentos de xullo e agosto, nos que participou máis dun cento de nenos e nenas de Castrelo e outros concellos do Ribeiro.

Te puede interesar