MOBILIARIO

Carballeda fixa normas para o préstamo do seu mobiliario

A normativa refírese, concretamente, ó préstamo das mesas e cadeiras, a carpa e o escenario que posúe o Concello a todos aqueles particulares ou colectivos que así o soliciten.

O Concello de Carballeda de Avia puxo en vigor unha ordenanza específica que regula a cesión para o uso gratuíto dalguns bens mobles e efectos de propiedade municipal por parte de veciños, entidades públicas ou privadas e as asociacións, agrupacións locais e  mesmo os partidos políticos.

A normativa refírese, concretamente, ó préstamo das mesas e cadeiras, a carpa e o escenario que posúe o Concello a todos aqueles particulares ou colectivos que así o soliciten.

O concelleiro de Cultura, Gabriel  Alonso, comenta, ó respecto, que "son moitos os pobos e asociacións que piden este material para calquera tipo de celebración, e ata agora non tiñamos unhas normas para preservar calquera dano ou roubo". Neste sentido, a ordenanza fixa unha serie de sancións para aqueles usuarios que non devolvan o mobiliario nas mesmas condicións, e que van dende os 100 ata os 3.000 euros, dependendo da e da desfeita.

No municipio de Carballeda están rexistradas un total de 10 asociacións de veciños, e celébranse ó redor de 16 festas patronais durante o ano, e incluso tamén se organizan concentracións de coches e motos, que precisan deste tipo de infraestructura, na que destaca a carpa, que pode dar cobixo a un mínimo 300 comensais, e o palco para actuacións musicais, duns 50 metros cadrados de superficie. 

Te puede interesar