A Casa da Xuventude abre as súas portas ós cidadáns

Casa da Xuventude. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A Casa da Xuventude de Ribadavia abre as súas portas á cidadanía.
Se ben dende o pasado verán se viñan realizando actividades da Oficina Municipal de Información Xuvenil, a partir do vindeiro venres, a OMIX de Ribadavia terá como sede permanente o inmoble situado na rúa Porta Nova de Abaixo, rehabilitado polo concello de Ribadavia a través de recursos procedentes do Fondo Estatal de Investimento Local. Unha vez rematada a rehabilitación, nos últimos meses acometeuse un traballo de dotación de medios informáticos, electrónicos e mobiliario. Asume funcións de información e promoción do asociacionismo e as actividades xuvenís.

Te puede interesar