Castrelo botará ó Miño mil barcos de papel na defensa do ensino

A próxima feira de Castrelo de Miño, prevista para o 28 de abril, vai ter un carácter eminentemente reivindicativo con unha adicación á defensa do ensino público e unha actividade moi orixinal aberta á participación de tódolos cidadáns. Trátase de conseguir o reto de xuntar mil barquiños de papel para botar ao río Miño.
A organización desta iniciativa corre por conta do Concello de Castrelo de Miño, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos do colexio público deste municipio e dunha antiga traballadora da aula de novas tecnoloxías que agora dirixe www.mimadriña.com.

'Mil barquiñas de papel irán polo Miño abaixo cos desexos de reivindicar unha educación pública de calidade, que aposte polo territorio, polo enorme valor das escolas rurais', manifesta o alcalde, Xurxo Rodríguez, anunciando que a cita é ás 12,00 horas.

Te puede interesar