Infraestruturas

Castrelo completa a iluminación LED en todo o termo municipal

A renovación realizarase durante este mes de novembro e busca levar o aforro enerxético a todo o municipio

O Concello de Castrelo de Miño executa neste mes de novembro a última fase do cambio de iluminación de aforro enerxético en todo o municipio. Está a realizar agora unha importante renovación, grazas á liña de axuda cofinanciada ó 80%, pola Unión Europea con cargo ao Fondo de Desarrollo Regional (FEDER). Co remate desta última fase, sustitúe 1.483 puntos de luz de todo o alumeado público exterior á tecnoloxía LED de alto rendemento, o que lle supón un aforro anual de un total de 50.922 euros, reducindo o consumo eléctrico un 75,28% ao ano (un aforro total de 446.558 kWh). 

Esta última intervención lévase a cabo a través do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), con un orzamento de 121.073 euros, procedéndose á sustitución dun total de 348 puntos de luz nos núcleos de Troncoso, Freás, Santo Estevo, Barral, O Pazo, O Toledo e na avenida do Concello. Coa citada actuación, obterá unha reducción no consumo de enerxía eléctrica do 70,14% con respecto á instalación anterior e un aforro económico anual de aproximadamente 9.974 euros, deixando ademáis de expulsar 42,89 toneladas de C02 cada ano.

O plan de cambio da iluminación pública por tecnoloxía LED comezou no 2016, sustituíndo desde ese ano e ata este último proxecto un total de 1.135 puntos de luz, dentro do plan FEDER e xestionado polo IDAE. A inversión fora de 377.576 euros, obténdose daquela  un aforro anual de 40.948 euros, que aumentará ao finalizar esta obra ata os 50.922 euros.

Te puede interesar