TURISMO

Castrelo dá a coñecer o castro de Santa Lucía aos visitantes

Tamén está previsto un percorrido guiado polo castro a partir das 12,15 horas, contándose coa presencia dos técnicos do proxecto

O primeiro de agosto deu comezo a segunda campaña de escavación do Castro de Santa Lucía, na parroquia de Astariz de Castrelo de Miño, froito da colaboración entre a Universidade de Vigo e o Concello. Este ano estase a intervir en catro sectores, dous son a continuación dos traballos realizados o ano pasado e os outros dous son novas sondaxes que buscan abrir horizontes científicos noutras partes do castro, según indican fontes do Concello. 
Despois de case un mes de traballo, este sábado 26 de agosto realizarase unha xornada de portas abertas, nas que todos os interesados poderán visitar unha exposición dos elementos arqueolóxicos atopados nas excavacións, que terá lugar no Centro de día de Vide, ás 11,00 horas. Tamén está previsto un percorrido guiado polo castro a partir das 12,15 horas, contándose coa presencia dos técnicos do proxecto. 

Te puede interesar