Castrelo de Miño ofrece postos de electricista e fontaneiro

O Concello de Castrelo de Miño fai unha oferta pública de emprego para a contratación de un animador social e un diplomado en Turismo para traballar a media xornada cunha duración de contrato de oito meses para o servizo de 'Dinamización turística, sociocultural e deportiva dos recursos do concello'. Ademáis, o Concello tamén necesita un electricista e un fontaneiro co mesmo contrato a media xornada e cunha duración de seis meses para o desenvolvemento do plan 'Castrelo eficiente e sostible'.
Todos os interesados en participar deberán estar anotados como desempregados na oficina de emprego nas categorías anteriores antes do vindeiro venres 6 de maio de 2011.


ADMINISTRATIVO

Por outra banda, nos próximos días, e unha vez publicado no BOE, abrirase o proceso para cubrir en réxime de interinidade unha praza de auxiliar administrativo destinada á Secretaría do Xulgado de Paz no Concello de Castrelo, sendo a titulación mínima requirida o graduado en ESO.

A selección farase a través dun concurso-oposición libre que se compoñerá de tres exercicios, o primeiro da parte xeral do temario, o segundo da parte específica e o terceiro unha proba de galego, proba da que quedarán exentos aqueles que acrediten ter superado o Celga tres ou o curso de iniciación ao galego.

Os interesados en optar a calquera destes postos poden consultar todas as condicións na páxina web do Concello www.castrelo.org ou no Boletín Oficial da Provincia do 8 de abril de 2010.

Te puede interesar