Castrelo obriga a cortar as árbores a dous metros de pistas

No caso de non facerse os traballos, o Concello iniciará un expediente administrativo advertindo aos afectados.

O Concello de Castrelo de Miño orbriga aos propietarios dos montes á corta das árbores como piñeiros, eucaliptos, mimosas, entre outras especies, situados a dous metros das marxes das estradas municipais. Trátase de medidas de prevención e defensa contra incendios forestais contempladas na Lei 3/2007 de 9 de abril da Xunta de Galicia.

Por ese motivo, o Concello acaba de facer público un bando acolléndose ao cumprimento da Ordenanza Reguladora da Xestión de Biomasa e Distancia de Plantacións. Así, advirte que as persoas responsables deberán cortar ditas árbores antes do 30 de xuño de 2017. No caso de non facerse os traballos, o Concello iniciará un expediente administrativo advertindo aos afectados. Para que se cumpra con esta obriga, procédese a sinalar as árbores afectadas. 

Te puede interesar