Castrelo recibe o permiso para poder bañarse no seu embalse

O Concello de Castrelo de Miño dispón da súa primeira zona de baño no embalse. A Administración autonómica acaba de comunicarlle ás autoridades locais a autorización para que os bañistas podan utilizar o tramo do entorno do Club Náutico. Trátase dunha vella reivindicación xa que, pese a non contar ata agora cos correspondentes permisos, a xente estábase bañando neste entorno lanzándose á auga dende os pantaláns.
Foron necesarios máis de tres anos de continuos análises das augas para que a Xunta autorizase esta nova zona de baño, tendo en conta que 'as analíticas sempre foron boas', segundo sinalou o concelleiro de Castrelo, Alfredo Fernández.

En adiante, o Concello seguirá facéndose cargo dos controles para garantizar a boa calidade das augas.

Te puede interesar