O catamarán de Castrelo presta servizo cinco días á semana

O Concello de Castrelo de Miño vén de facer público o programa de disponibilidade do catamarán que percorre o encoro do río Miño, fixando os servizos semanais. Deste xeito, o pequeno buque está a disposición dos usuarios de mércores a domingo, ademais das xornadas que sexan festivas, ata o vindeiro 30 de setembro.
Nos tres primeiros días citados, as saídas serán ás 16,00 e 18,00 horas, que se amplían nas fines de semana ás 11,00, 13,00 e 20,00 horas, sempre cunha tarifa de cinco euros por persoa. O catamarán sae do Parque Náutico de Galicia e vai río arriba ata a localidade de Troncoso, onde dá a volta para retornar ó punto de partida. No traxecto, ademáis dos viñedos, igrexas e outros lugares de interese que se van explicando durante o percorrido, 'pódense contemplar as aves que abundan como o corvo mariño real, a garza real ou a píllara areeira, entre outras especies', sinala o alcalde, Xurxo Rodríguez.


AMPLIACIÓN

O Concello pretende potenciar os percorridos do catamarán ó longo do ano, ampliando o servizo á tempada de outono, sempre contando coa autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. O éxito deste transporte quedou patente nas anteriores xornadas de feira que se celebran o último domingo de cada mes, xa que foron moitos os visitantes que o utilizaron para coñecer as ribeiras do río Miño, tendo en conta o seu módico prezo.

Te puede interesar