O catamarán polo Miño será o protagonista da feira de Castrelo

O catamarán será o principal atractivo da feira deste 26 de xuño en Castrelo de Miño. Realizará percorridos gratuitos de cinco minutos polo encoro do Miño entre as 11,00 e as 13,00 horas. A feira de Castrelo de Miño celébrase como cada último domingo no entorno do Parque Náutico.
Os visitantes no só terán a oportunidade de navegar no catamarán senón que tamén, como é habitual no recinto feiral, haberá máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de produtos, dende roupa e calzado, pasando por a alimentación e tamén as adegas.

Por outra banda, o mercado tamén acollerá 25 postos de produtos naturais e artesanais procedentes do mesmo Castrelo de Miño.*

Os asistentes poderán degustar a comida tradicional, entre outros manxares, nas instalacións habilitadas para acoller a máis de 500 comensales.

O Concello recuperou recentemente esta feira, que aporta en cada edición novidades como a viaxe en globo ou agora no catamarán.

Te puede interesar