Cenlle celebra a festa de exaltación do viño tinto

As adegas de Cenlle abrirán hoxe as súas portas ó público, a partires das 19,00 horas, coincidindo coa cuarta ruta organizada con motivo da celebración da súa Festa do Viño Tinto. Nove anos leva este municipio con este evento de exaltación do viño, que terá o seu día grande mañá, no que se poderá facer de novo o percorrido de degustación pola mañá e tamén participar no xantar previsto no colexio público.
Para facer a Ruta das Adegas será necesario abonar 5 euros na Praza da Tenencia, e para a comida, o coste é de 12 euros, sendo gratis para os nenos. Haberá música, teatro e unha exposición do 'Carrabouxo' na casa do pobo.

Te puede interesar