melloras

Cenlle completa a renovación de farolas en tódalas aldeas

cenlle
photo_camera Alumeado novo nun dos pobos de Cenlle.
O alumeado tipo LED supón un investimento de 238.000 euros, aportando o Concello un 20%

A práctica totalidade dos núcleos habitados do municipio de Cenlle disporán en poucas semanas dunha nova instalación de alumeado público para aforro enerxético tipo LED, unha vez iniciada a primeira fase dos traballos nas localidades de Sadurnin, Saa, As Chabolas, Trasariz,  Xubin, Razamonde e Laias, que continuará nos vindeiros días. Deste xeito, o  Concello de Cenlle completará o seu proxecto coa reposición dun total de 600 puntos de luz e a renovación dos cadros eléctricos en 17 núcleos poboacionais. Ó respecto, o alcalde, Gabriel Alén, apuntou que "con esta intervención, o 50% das localidades que están na contorna do río Miño contarán coa nova instalación, que unha vez executada na súa totalidade chegará ó 95% do territorio municipal".

O proxecto de renovación do alumeado público suporá un investimento aproximado de 238.000 euros, dos que o Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía (IDAE) do Ministerio de Industria aporta 190.000 euros, mentres a cantidade restante (o 20% do montante global) corresponde a unha partida que sae das arcas municipais de Cenlle. O plan de aforro enerxético promovido polo Concello comenzou nas localidades de Cuñas, Cenlle, Esposende, Laias e Barbantes, gracias a anteriores axudas de compensación medioambiental procedentes do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), cun investimento que se achegou ós 120.000 euros.

Ademais, outra subvención de 40.000 euros, aportada pola Vicepresidencia da Xunta permitiu, o ano pasado, cambiar as antigas farolas de vapor de socio por outras dotadas co sistema LED no centro da capitalidade municipal, mellorando o alumeado na zona do ambulatorio médico, colexio público, piscinas veciñais e a propia Casa do Concello.


Ampliación da rede de rutas turísticas cun investimento de 500.000 euros


A rede de sendeiros turísticos que posúe o municipio de Cenlle superará os 30 quilómetros de lonxitude coa apertura dun novo paseo á beira do río Miño, que dará continuidade ó existente entre as localidades de Barbantes e Razamonde. A xunta de goberno local daba o visto bó á licitación das obras, que supoñen un investimento de 500.000 euros, cantidade que financiará na súa totalidade a Axencia de Turismo de Galicia.

O novo percorrido enlazará os núcleos de Razamonde e Xubín, cunha lonxitude de 2,5 quilómetros, de xeito que o itinerario que vai parello á marxe dereita do encoro de Castrelo ampliarase a un total de 8,5 quilómetros, sumando os xa seis existentes que unen as localidades de Barbantes, Laias e Razamonde. "A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou favorablemente o proxecto, e penso que os traballos de execución xa poderán comezar ó longo do presente mes de setembro", indicou o Alcalde, Gabriel Alén. O trazado ata Razamonde fora financiado con 60.000 euros polo Plan Termal da Deputación provincial.

Te puede interesar