concello

Cenlle recibe unha axuda para a apertura dun local veciñal

O proxecto de recuperación do antigo inmoble en Esposende foi posible a través dun convenio asinado polo Concello e o Instituto Galego da Vivenda e Solo

O Concello de Cenlle poderá continuar cos traballos de restauración da antiga escola de Esposende cunha axuda de 50.000 euros que aporta a Deputación de Ourense, e que foi aprobada pola xunta de goberno da institución provincial. Esta achega irá destinada á dotación de mobles das dúas dependencias rehabilitadas para vivenda no edificio e, tamén, á creación dun local social para os veciños desa localidade, según apuntou o alcalde, Gabriel Alén.

O proxecto de recuperación do antigo inmoble en Esposende foi posible a través dun convenio asinado polo Concello e o Instituto Galego da Vivenda e Solo, co obxectivo de contribuír a fixar poboación.

Te puede interesar