Os colexios de Ribadavia reciben 10.000 máscaras

O equipo de goberno con representantes das direccións dos centros educativos.
photo_camera O equipo de goberno con representantes das direccións dos centros educativos.
No comezo do curso decidiuse adquirir medidores de CO2 para analizar o estado do aire das aulas

O Concello de Ribadavia continúa traballando en tarefas de prevención contra o covid, e aínda que a situación sanitaria en Ribadavia é boa, os responsables municipais consideran que deben manter as medidas preventivas. 

Así, o Concello vén de mercar un novo pedido de 10.000 máscaras para repartir entre os escolares de Ribadavia. Esta semana realizouse a primeira entrega de 5.000 unidades infantís, e 5.000 máscaras estándar. Ademais, no comezo do curso decidiuse adquirir medidores de CO2 para analizar o estado do aire das aulas, co fin de facilitar a súa ventilación e evitar innecesariamente o frío durante as clases

Así mesmo, decidiuse continuar co reforzo de persoal dedicado a desinfección tanto no colexio CEIP Plurilingüe Ribadavia como nos CRA Amencer. 

“A pesar de que a situación actual é moito mellor que a do ano pasado, considerase necesario non baixar a garda na prevención contra o covid”, sinalan as autoridades municipais despois da entrega do material ás direccións dos centros.

Te puede interesar