VITICULTURA

Os colleiteiros regalan botellas do viño Xuntos aos sanitarios

A asociación de colleiteiros quere agradecer aos profesionais o esforzo durante a pandemia

A Asociación de Colleiteiros do Ribeiro regalou onte as primeiras botellas de viño do proxecto Xuntas e Xuntos aos profesionais que traballan na sanidade na comarca do Ribeiro. "Queremos que sexan eles os primeiros en disfrutar dos viños do noso proxecto solidario Xuntas e Xuntos, que presentaremos o martes", co fin de que "cada un dos profesionais sanitarios da nosa comarca sinta o noso agradecemento en primeira persoa".

Na comarca do Ribeiro hai preto de 90 persoas traballando en sanidade entre médicos, enfermeiros, ambulancias, persoal administrativo e de limpeza, "que veñen de pasar momentos moi duros coidando de todos nós", apuntan os colleiteiros, referíndose ao labor desempeñado durante a pandemia do covid-19.

Xuntos e Xuntas é un proxecto impulsado pola asociación de Colleiteiros do Ribeiro para transformar unha situación de crise nunha oportunidade, "unindo as nosas forzas, para acceder a unha canle, coma a de alimentación á que, fundamentalmente por tamaño, non tiñamos acceso, e que agora xa podemos grazas ao programa Mercaproximidade da Conselleria de Medio Rural", sinalan os impulsores. Consiste na elaboración dun viño branco e outro tinto xuntando viños aportados por 11 colleiteiros, baixo o criterio técnico dos enólogos Álvaro Bueno e Pablo Estévez, co obxetivo de paliar as pérdidas ocasionadas pola reducción das ventas.

Te puede interesar