RIBADAVIA

O comercio do Ribeiro entregou 1.100 euros en cheques regalo

Os comerciantes repartiron un total de 40.000 rifas entre os seus clientes para poder participar no sorteo.

O Centro Comercial Aberto do Ribeiro fixo entrega onte dos premios da Campaña Este Nadal Merca Local, na que se sortearon 1.100 euros en cheques regalo. Catro agraciados levaron un primeiro premio dun cheque de 200 euros cada un e os outros tres afortunados, tres cheques de 300 euros para mercar nos Establecementos Asociados do Ribeiro.

Nesta campaña, a directiva do Centro Comercial Aberto do Ribeiro repartiu un total de 40.000 rifas entre os socios. Deste xeito, os distintos establecementos entregaron os boletos ós clientes co fin de que puidesen participar no sorteo dos cheques regalo.

Onte fíxose a entrega dos premios, dando por finalizada a campaña de promoción do comercio local durante o Nadal. Dende a dirección da entidade aproveitaron para transmitir as grazas ós clientes. "Un ano mais o CCA do Ribeiro da as grazas a toda a xente que merca no Ribeiro e fan posible que estas campañas se poidan levar a cabo", manifestaron.

A campaña tamén tivo unha parte importante solidaria, xa que a entidade se encargou de recoller alimentos non perecedeiros para repartir entre familias de baixos recursos. Ademais, tamén destribuiron durante o Nadal diversos obsequios entre os clientes.

Te puede interesar